viernes, 21 de marzo de 2014

sábado, 8 de marzo de 2014

El milagro de Mao


DÍA DA MULLER

Na enquisa que onte publicaron os medios sobre a estarrecedora
violencia contra a muller na Unión Europea chamoume a atención un
dato: as porcentaxes son significativamente máis baixas nos países de
tradición católica: Italia, España, Irlanda, Polonia... e na ortodoxa
Grecia. Supoño que tal circunstancia será obviada por todo o mundo. Se
houbese unha auténtica vontade de acabar con esa lacra esta debería
ser unha variable a ter en conta. Pero, para desgracia das mulleres
maltratadas, témome que tampouco nesto haberá honestidade intelectual.
Non vaia ser que na familia de sempre a muller sexa máis valorada,
máis protagonista e máis respetada que nas sociedades máis avanzadas.